martes, 10 de marzo de 2020
miércoles, 22 de junio de 2016
VENTE A PAZOS
Queremos dar o noso máis sinceiro agradecemento a todas as persoas que fixeron posible este video.
Grazas infinitas a Guadi Galego, quen deixou unha pegada imborrable no noso Centro; a Karlos Abal e a Isaac Palacín polo seu traballo desinteresado e a súa inesgotable paciencia; a Antón Cortizas por querer vir partillar este día connosco; a Feliciana Fresco, que aínda que non puido achegarse ese día, estivo presente nos nosos corazóns; e en definitiva, a todos e todas as persoas que formaron e forman parte da nosa Comunidade educativa, pais e nais, familias enteiras que nos apoiades de xeito incondicional, alumnado, ex-alumnos; especialmente, ao IES de Catabois, que encheu un autobús de emocións e reencontros...
Grazas por facelo posible. A todos e cada un dos que estivestes ou quixestes estar pero non puidestes. Infinitamente, grazas.
Grazas infinitas a Guadi Galego, quen deixou unha pegada imborrable no noso Centro; a Karlos Abal e a Isaac Palacín polo seu traballo desinteresado e a súa inesgotable paciencia; a Antón Cortizas por querer vir partillar este día connosco; a Feliciana Fresco, que aínda que non puido achegarse ese día, estivo presente nos nosos corazóns; e en definitiva, a todos e todas as persoas que formaron e forman parte da nosa Comunidade educativa, pais e nais, familias enteiras que nos apoiades de xeito incondicional, alumnado, ex-alumnos; especialmente, ao IES de Catabois, que encheu un autobús de emocións e reencontros...
Grazas por facelo posible. A todos e cada un dos que estivestes ou quixestes estar pero non puidestes. Infinitamente, grazas.
lunes, 23 de mayo de 2016
BAUTISMO DE MAR
Esta mañá toda primaria participou nun BAUTISMO DE MAR. Houbo un primeiro percorrido pola Ría de Ferrol nun remolcador; despois puidemos visitar a Fragata 103, Blas de Lezo. Fixemos unha visita guiada, percorrendo as distintas dependencias, comezando polo hangar e acabando na ponte de mando.
No paseo comprobamos unha vez máis que preciosa é a nosa ría. Dende o Arsenal de Ferrol, punto de partida, ata os castelos de San Felipe e A Palma, con tempo para gozar da paisaxe e tomar un bocadillo. Ollo!, co salvavidas posto! Que gusto! e ademais, non choveu e fixo unha mañá preciosa!!
Etiquetas:
Ferrol,
Ría de Ferrol,
VisitasEsta mañá
viernes, 29 de abril de 2016
VISITAMOS FERROL
Un bo paseo demos hoxe. Pensamos en deseñar un xogo para facer esta saída. Houbo seis etapas; e en cada etapa, unhas cuestións a resolver e poder continuar. En cada unha delas conseguiron unha peza - un cromo-, que lles serviu para completar un caderniño con toda a información traballada, ao chegar ao colexio.
Saímos do noso centro, en Pazos, Serantes, e fomos no autobús ata o porto. Baixamos na "Fonte da Ranita" e subimos polas estreitas escaleiras de en fronte, cara ao Baluarte ou Batería de San Xoán. Desde alí contemplamos o porto e iniciamos o noso periplo. A mellor forma de seguilo é prestar atención ás imaxes que fixemos. De cando en cando, algunha vai indicando onde nos atopamos. Iso para os máis despistados, que a maioría estaban moi centrados. Parécenos que foi un éxito.
Etiquetas:
Actividades,
Visitas,
Visitas Ferrol Histórico
domingo, 24 de abril de 2016
SEIS LUGARES PARA VISITAR
O vindeiro venres, 29, faremos unha saída na que visitaremos seis enclaves de Ferrol. Aquí tedes algo de información. Lede con atención pois ese día teredes traballo de detectives...
jueves, 21 de enero de 2016
FERROL, LUZ Y SAL
Facémonos eco desta nova de FERROL 360. Ferrol presenta en FITUR unha nova estratexia turística centrada no entorno natural.
viernes, 23 de octubre de 2015
miércoles, 10 de junio de 2015
ÁNGELES ALVARIÑO homenaxeada no DÍA DA CIENCIA EN GALICIA
Ángeles Alvariño González naceu na nosa terra, en Serantes (FERROL), un tres de outubro de 1916. Faleceu en California o 29 de maio de 2005.
No ano 1934 iniciou os seus estudos de Ciencias Naturais na Universidade de Madrid, interrumpidos pola Guerra Civil. Ao remate da mesma finaliza a carreira e realiza un Máster en Ciencias Naturais.
Entre 1941 e 1948 dá clases en diversos colexios de Ferrol.
No ano 1950 comeza o seu contacto co que sería o seu labor máis recoñecido, o de oceanógrafa, ao entrar a formar parte do Instituto Español de Oceanografía no Centro Costeiro de Vigo.
Máis tarde trasladouse para continuar a súa formación a Plymouth, Massachusetts e California.
En 1967 obtivo o Doutorado en Ciencias pola Universidade de Madrid coa tese "Los Quetognatos del Atlántico. Distribución y Notas Esenciales de Sistemática".
Publicou un centenar de traballos en prestixiosas revistas científicas e o libro "España e a primeira expedición científica oceánica, 1789-1794" e descubriu 22 novas especies de zooplancto.
Ferrol rendeulle homenaxe no Campus de Esteiro no ano 2007.
Información tirada da RAGC
O pasado 1 de xuño celebrouse o DÍA da CIENCIA, e adicouse a Ángeles Alvariño.
Ángeles Alvariño aparece nesta presentación de Juana Pardo
jueves, 4 de diciembre de 2014
EXPONAV
A continuación podedes ver as imaxes da visita que o pasado xoves, 27 de novembro fixemos a EXPONAV.
A Historia da Construción Naval, que tantos capítulos da nosa historia marcou desde 1781 (ano no que o rei Carlos III aprobara o deseño e construción do edificio que alberga este magnífico museo) ata os nosos días, pódese visitar nestes 4000 metros cadrados.
A Historia da Construción Naval, que tantos capítulos da nosa historia marcou desde 1781 (ano no que o rei Carlos III aprobara o deseño e construción do edificio que alberga este magnífico museo) ata os nosos días, pódese visitar nestes 4000 metros cadrados.
Etiquetas:
EXPONAV,
Ferrol Histórico,
Museos,
Visitas Ferrol Histórico
miércoles, 23 de octubre de 2013
VISITA DO NOSO CENTRO Á FRAGATA BLAS DE LEZO, O ARSENAL MILITAR E O MUSEO NAVAL
Onte o noso colexio visitou a Fragata Blas de Lezo, depois fixemos unha visita ao Museo Naval e vimos parte do Arsenal.
Foron unhas visitas moi interesantes porque para moitos era a primeira vez que vían unha fragata por dentro; así que todo nos parecía novo e descoñecido.
No Museo Naval tivemos de guía a Josefina. Acompañounos e contounos moitísimas anécdotas tanto do propio edifio como das pezas dos barcos que alí descansan.
Estas son algunhas das fotos que fixemos ao longo da mañá. Eran moitísimas porque todo, todo parecía que pedía un "clic", pero aquí vos deixamos a selección...
Primeiro a visita á FRAGATA BLAS DE LEZO. Alí explicáronnos con todo detalle cada unha das partes, das instalacións, anécdotas... como ¿Sabiades que Blas de Lezo, almirante da Armada española no século XVIII, era aos 25 anos coxo, manco e torto? Pois debido a isto, á fragata, que leva o seu nome, chámanlle "Tuerta", e, ás dúas zódiac: "Manca" e "Cojo". Vimos a cuberta, o hospital, a ponte de mando... recorrímolo todo de rpoa a popa!
E por último visita ao Arsenal Militar e o Museo Naval: mascaróns de proa, maquetas de barcos antigos, pezas para a navegación que hoxe xa están en desuso, unha fermosa máquina de vapor contraincendios, estachas, restos de naufraxios, unha importante mostra de áncoras, documentos, mapas, e outros diversos aparellos navais, canóns para a defensa da cidade, canóns dos barcos...
Etiquetas:
Arsenal,
Museo Naval,
Visitas,
Visitas Ferrol Histórico
miércoles, 3 de abril de 2013
5 de maio: CENTENARIO DO FERROCARRIL FERROL- BETANZOS
O vindeiro 5 de maio cúmprese o centenario da liña de Ferocarril Betanzos-Ferrol. A imaxe que vedes é o tren da primeira época deste traxecto. Unha máquina de vapor
sen a marquesina que protexe ao maquinista da locomotora e ao fogoneiro. Vagóns con "
balconcillos" polos que pasaba exteriormente o revisor dun ao outro en marcha
para pedir os billetes.
Esta é unha Locomotora 020, construída a finais de 1856 por Dodds
Rotherham, en Inglaterra.
Máis información nun interesantísimo artigo de Arturo Gutiérrez Morán, na Asociación Ferrolterra Amigos del Ferrocarril -Ferroltren-, no Diario de Ferrol.
lunes, 11 de marzo de 2013
VISITA Á SGHN, DIARIO DE FERROL E BARRIO DA MADALENA II
3º, 4º, 5º e 6º no Museo da Natureza |
Hoxe pola mañá saímos do centro para facer varias visitas. A primeira parada foi no edificio do "Museo da Natureza" da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN). Foi unha visita moi amena e aprendemos moito sobre o entorno natural que nos arrodea. Vimos seccións de troncos dunha gran variedade de árbores, peles, unha piraña, cranios de pequenos mamíferos, aves, esqueletos, bolboretas, animais disecados, coma unha tartaruga que apareceu na praia de Campelo..., unha lura xigante. Hai moitos paneis con datos sobre a exposición, e seguro que teremos que repetir a visita para enterarnos moi ben de toda a información que conservan sobre o que vimos. Estamos invitados a ir coas nosas familias. Se cadra poidamos explicarlles moito do que aprendemos esta mañá.
Logo de saír da SGHN, un grupo tiña cita no Diario de Ferrol, e mentres, os maiores adicámonos a facer unha visita polo Barrio da Madalena. Percorremos a rúa da Terra, a rúa María, a rúa Dolores, a rúa Real e a Rúa Galiano. E estivemos na Praza de Armas e na Praza de Amboage. E por certo, antes de que vexades outras fotos, que saibades que Meteogalicia acertou de pleno na predición para hoxe. Tratamos de que "a molleira" non fose moi escandalosa, pero aínda así non houbo queixa.
5º e 6º diante do Concello de Ferrol, na Praza de Armas |
Se queredes ver cal era a predición,
tédela a continuación.
Fóra bromas, a visita polas rúas de Ferrol estivo moi ben. Coma o noso cole está no extrarradio da cidade, ás veces ata esquecemos valorar o noso casco histórico, admirar os seus edificios (falamos de Rodolfo Ucha) e pasear polas súas rúas. Pois iso foi o que fixemos nos ratos que a choiva nos deixou.
Por último, cando o reloxo do Concello daba as doce badaladas apuramos para non chegar tarde á nosa cita no Museo do Diario de Ferrol, onde o outro grupo estaba rematando a súa visita: tipos, prensa, rotativos, ordenadores antiguos, e antigas máquinas para proxectar cine, máquinas de escribir...Teremos, tamén, que repetila con máis calma porque hai moooitas cousas interesantes que ver.
Etiquetas:
Barrio da Madalena,
Meteogalicia,
SGHN,
Visitas Ferrol Histórico
domingo, 10 de marzo de 2013
VISITA á SGHN, DIARIO DE FERROL E BARRIO DA MADALENA
Hoxe o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º fará unha saída ao Diario de Ferrol e tamén ao Museo da Natureza da SGHN.
Aquí deixo este material para traballar un pouquiño antes e despois.
Etiquetas:
Barrio da Madalena,
SGHN,
Visitas Ferrol Histórico
viernes, 21 de diciembre de 2012
domingo, 25 de noviembre de 2012
ACHEGÁNDONOS A CHAMORRO
A pequena Ermida da Virxe de Chamorro atópase no concello de Ferrol, moi preto da nosa cidade, na parroquia de San Salvador de Serantes. Esta capela tamén se coñece co nome de Capela de Nosa Seóra do Nordés. Data do primeiro tercio do século XVI. Sábese por unha inscrición que hai no muro sur. Houbo posteriores reformas no século XVII. Cada luns de Pascua hai unha importante romaría. A xente sube ata a ermida ben pola "costa de Chamorro" ou ben pola estrada. É típico xantar alí cos amigos e mercar as rosquillas tan típicas de alí.
* Escribía Manuel R. Fernández, alá polo ano 1951, sobre Serantes e Chamorro: "Se ignora a qué se debe esta denominación, mas, es creencia general que tiene su origen en la forma un poco achatada de la cabeza de esta pequeña imagen, que con su plateada faz y sus brazos invisibles, parece surgir de la misma roca."
* Pero atopamos diversas lendas en torno ao nome desta capela. No libro "De lenda en lenda", de Esperanza Piñeiro e Andrés Gómez Blanco, con ilustracións de J. M. González Collado di: "En CHAMORRO existía nun principio unha gran *pena de abalar sobre a configuración granítica do monte. Esta pena conserva gravados concéntricos prehistóricos, e posiblemente fose lugar de cultos pagáns, posteriormente cristianizada coa construción sobre ela dunha capela. Distintas lenda falan dos milagres da Virxe do Nordés de Chamorro axudando a pescadores e navegantes. A esta Virxe acodían tanto para pedirlle bo tempo como para pedirlle choiva. A súa romaría do Luns de Pascoa segue a ser das máis concorridas de Ferrol."
*pena de abalar: unha pena de abalar é unha pedra que oscila con facilidade, a pesar de que xeralmente son penas moi grandes. Pero unha soa persoa, ou ás veces o vento son quen de movelas. Unha das máis famosas é a de Muxía.En inglés chámanse rocking stones.
* Na páxina Galicia, Gárdasme o segredo? di: "Un día un pescador, co bote a punto de afundirse baixo o mar embravecido, implora axuda á Virxe do Nordés e angustiado exclama: "Xa morro". A Virxe sálvao e dende entón denomínase ao lugar, a ermida de Chamorro." Tamén Ferrol Ortegal, pero aportando isto:
"En 1666, recién formada la Cofradía de la Virgen de Chamorro se organiza la romería para difundir la devoción. Un día un pescador,...
"En 1666, recién formada la Cofradía de la Virgen de Chamorro se organiza la romería para difundir la devoción. Un día un pescador,...
* Outra, Celtiberia conta que: "Dice la leyenda de la hermida que unos pastores que pastoreaban un dia por ese monte,se encontraron la imagen de la virgen de Chamorro en una roca pidiendoles que en su honor se levantase alli mismo una hermida para ella."
¿Queredes ver como nos imos achegando a Ferrol? ¡Desde o espazo nada menos!
domingo, 15 de abril de 2012
jueves, 27 de mayo de 2010
Entrevista a Gonzalo Torrente Ballester
Esta é unha entrevista realizada a Gonzalo Torrente Ballester, extraída dun programa da Radio Galega que fixeron os alumnos de 8º curso do colexio San Xosé de Lugo no curso 1985-1986. O programa titúlase "Un programa para a Paz".
Parécenos un interesante documento por varios motivos: primeiro porque estamos escoitando a un universal escritor ferrolano que este ano, o 13 de xuño, celebraría o seu centenario; e segundo porque é unha entrevista realizada en galego. Agradecemos a xenerosidade do compañeiro que puxo ao noso dispor esta gravación.
Neste vídeo GTB fai unha interesante reflexión sobre as súas orixes: súa vila natal, Serantes e a cidade na que se criou, Ferrol.
Parécenos un interesante documento por varios motivos: primeiro porque estamos escoitando a un universal escritor ferrolano que este ano, o 13 de xuño, celebraría o seu centenario; e segundo porque é unha entrevista realizada en galego. Agradecemos a xenerosidade do compañeiro que puxo ao noso dispor esta gravación.
Neste vídeo GTB fai unha interesante reflexión sobre as súas orixes: súa vila natal, Serantes e a cidade na que se criou, Ferrol.
martes, 16 de marzo de 2010
WEBQUEST SOBRE O FERROL DA ILUSTRACIÓN
Presentámosvos unha Webquest para traballar no 2º e no 3º ciclos. O Ferrol da Ilustración é o tema. Se queredes viaxar unha miaxiña e retroceder ata máis de douscentos anos, esta é a vosa oportunidade:
O século XVIII vos espera!
Etiquetas:
Ferrol Histórico,
Ilustración,
Webquest
domingo, 7 de marzo de 2010
CONCEPCIÓN ARENAL
viernes, 5 de marzo de 2010
O FERROL DA ILUSTRACIÓN
jueves, 4 de marzo de 2010
DONIÑOS E O CASTRO DE LOBADIZ
Este é o díptico cunha breve información sobre Doniños e o Castro de Lobadiz, que elaboramos como guía para facer unha visita co alumnado do 2º e 3º ciclos.
Etiquetas:
Castro de Lobadiz,
Cultura castrexa,
Doniños,
Ferrol Natural
viernes, 25 de abril de 2008
XIX FEIRA DO LIBRO EN FERROL
Ilustración de Andrés Meixide. Cartel anunciador da XIX Feira do libro de Ferrol Seguen as actividades no mes de abril. Os nosos alumnos e alumnas participaron nas actividades promovidas polo Concello de Ferrol, e levadas a cabo no Cantón de Molíns. Así nolo conta o xornal de Chispa, que podedes ver na imaxe anterior.
Invitámosvos a visitar esta feira.
Se queredes, podedes ver esta noticia máis ampliada en NOVAXOVE.
Invitámosvos a visitar esta feira.
Se queredes, podedes ver esta noticia máis ampliada en NOVAXOVE.
lunes, 12 de noviembre de 2007
VISITA A FERROL
Vistamos a Biblioteca Municipal, si, e aproveitamos a mañá para facer moitas outras actividades. Contactamos cunha guía turística do Concello de Ferrol para que nos recollese na Biblioteca e nos levase polo centro de Ferrol para visitar o Barrio da Magdalena. Así, ás dez e media estabamos todos e todas preparados para facer a nosa ruta pola "Tableta de Chocolate", que así chamaron ao deseño racionalista das rúas centrais de Ferrol. Saímos da Praza de España, paseamos pola rúa Galiano e chegamos á Praza de Armas, onde se atopa o Concello, despois continuamos pola rúa Dolores e chegamos á Praza de Amboage. Visitamos Herrera desde onde puidemos ver o Arsenal Militar. Por último, fomos pola rúa Magdalena ata chegar á Fundación "Caixa Galicia", no Cantón de Molíns, onde nos despedimos da guía e nos esperaba a Exposición de Luis Seoane e un obradoiro sobre a visita.
Pufff! Para rematar a xornada, aproveitamos para ver a XXI Exposición Micolóxica de Ferrol; daba pena estar a escasos metros e non vela, a que si? Canto traballiño nos queda agora no colexio...
VISITAMOS A BIBLIOTECA MUNICIPAL
O pasado venres, entre outras actividades, fixemos unha visita á Biblioteca Municipal de Ferrol. O guía, que nos ensinou a Biblioteca, empezou o seu percorrido pola planta baixa, onde nos amosou a sección adicada aos lectores máis novos, onde están as publicacións periódicas e a zona de información e préstamo. Explicounos como están organizados os libros e como buscar o que nos interese. Despois levounos ao soto onde está o arquivo e a hemeroteca e logo fomos subindo e escoitando as súas explicacións: Na primeira planta está o préstamo de adultos e o xuvenil; na segunda, a sala de lectura e consulta, e tamén a sala web; por último, chegamos á terceira onde nos entregou un mateial de agasallo pola nosa visita: "A saga de San Ferreol" de Ramón Loureiro, coas preciosas ilustracións de Francisco Pérez Porto. Tamén nos entregou todo o necesario para obter o carné lector e facernos socios. Algúns xa temos todo preparado porque está moi, moi ben: é moi grande, ten moitísimos libros e é super acolledora pero...a Biblioteca Municipal está bastante lonxe de onde vivimos por iso é tan importante para nós a do noso colexio. Estamos desexando vela lista outra vez coas súas portas abertas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)