miércoles, 23 de octubre de 2013

VISITA DO NOSO CENTRO Á FRAGATA BLAS DE LEZO, O ARSENAL MILITAR E O MUSEO NAVAL

Onte o noso colexio visitou a Fragata Blas de Lezo, depois fixemos unha visita ao Museo Naval e vimos parte do Arsenal
Foron unhas visitas moi interesantes porque para moitos era a primeira vez que vían unha fragata por dentro; así que todo nos parecía novo e descoñecido.
No Museo Naval tivemos de guía a Josefina. Acompañounos e contounos moitísimas anécdotas tanto do propio edifio como das pezas dos barcos que alí descansan.

Estas son algunhas das fotos que fixemos ao longo da mañá. Eran moitísimas porque todo, todo parecía que pedía un "clic", pero aquí vos deixamos a selección...
Primeiro a visita á FRAGATA BLAS DE LEZO. Alí explicáronnos con todo detalle cada unha das partes, das instalacións, anécdotas... como ¿Sabiades que Blas de Lezo, almirante da Armada española no século XVIII, era aos 25 anos coxo, manco e torto? Pois debido a isto, á fragata, que leva o seu nome, chámanlle "Tuerta", e, ás dúas zódiac: "Manca" e "Cojo". Vimos a cuberta, o hospital, a ponte de mando... recorrímolo todo de rpoa a popa!
E por último visita ao Arsenal Militar e o Museo Naval: mascaróns de proa, maquetas de barcos antigos, pezas para a navegación que hoxe xa están en desuso, unha fermosa máquina de vapor contraincendios, estachas, restos de naufraxios, unha importante mostra de áncoras, documentos, mapas, e outros diversos aparellos navais, canóns para a defensa da cidade, canóns dos barcos...

miércoles, 3 de abril de 2013

5 de maio: CENTENARIO DO FERROCARRIL FERROL- BETANZOS

O vindeiro 5 de maio cúmprese o centenario da liña de Ferocarril Betanzos-Ferrol. A imaxe que vedes é o tren da primeira época deste traxecto. Unha máquina de vapor sen a marquesina que protexe ao maquinista da locomotora e ao fogoneiro. Vagóns con " balconcillos" polos que pasaba exteriormente o revisor dun ao outro en marcha para pedir os billetes. 
Esta é unha Locomotora 020, construída a finais de 1856 por Dodds Rotherham, en Inglaterra.

lunes, 11 de marzo de 2013

RÚAS DE FERROL (solución)

Por se alguén aínda non cubríu os nomes das rúas que faltaban, aquí queda a solución...

VISITA Á SGHN, DIARIO DE FERROL E BARRIO DA MADALENA II

3º, 4º, 5º e 6º no Museo da Natureza
 Hoxe pola mañá saímos do centro para facer varias visitas. A primeira parada foi no edificio do "Museo da Natureza" da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN). Foi unha visita moi amena e aprendemos moito sobre o entorno natural que nos arrodea. Vimos seccións de troncos dunha gran variedade de árbores, peles, unha piraña, cranios de pequenos mamíferos, aves, esqueletos, bolboretas, animais disecados, coma unha tartaruga que apareceu na praia de Campelo..., unha lura xigante. Hai moitos paneis con datos sobre a exposición, e seguro que teremos que repetir a visita para enterarnos moi ben de toda a información que conservan sobre o que vimos. Estamos invitados a ir coas nosas familias. Se cadra poidamos explicarlles moito do que aprendemos esta mañá.

Logo de saír da SGHN, un grupo tiña cita no Diario de Ferrol, e mentres, os maiores adicámonos a facer unha visita polo Barrio da Madalena. Percorremos a rúa da Terra, a rúa María, a rúa Dolores, a rúa Real e a Rúa Galiano. E estivemos na Praza de Armas e na Praza de Amboage. E por certo, antes de que vexades outras fotos, que saibades que Meteogalicia acertou de pleno na predición para hoxe. Tratamos de que "a molleira" non fose moi escandalosa, pero aínda así non houbo queixa. 
5º e 6º diante do Concello de Ferrol, na Praza de Armas

Se queredes ver cal era a predición,
tédela a continuación.
Fóra bromas, a visita polas rúas de Ferrol estivo moi ben. Coma o noso cole está no extrarradio da cidade, ás veces ata esquecemos valorar o noso casco histórico, admirar os seus edificios (falamos de Rodolfo Ucha) e pasear polas súas rúas. Pois iso foi o que fixemos nos ratos que a choiva nos deixou.
Por último, cando o reloxo do Concello daba as doce badaladas apuramos para non chegar tarde á nosa cita no Museo do Diario de Ferrol, onde o outro grupo estaba rematando a súa visita: tipos, prensa, rotativos, ordenadores antiguos, e antigas máquinas para proxectar cine, máquinas de escribir...Teremos, tamén,  que repetila con máis calma porque hai moooitas cousas interesantes que ver.

domingo, 10 de marzo de 2013

VISITA á SGHN, DIARIO DE FERROL E BARRIO DA MADALENA

Hoxe o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º fará unha saída ao Diario de Ferrol e tamén ao Museo da Natureza da SGHN. Aquí deixo este material para traballar un pouquiño antes e despois.