jueves, 27 de mayo de 2010

Entrevista a Gonzalo Torrente Ballester

Esta é unha entrevista realizada a Gonzalo Torrente Ballester, extraída dun programa da Radio Galega que fixeron os alumnos de 8º curso do colexio San Xosé de Lugo no curso 1985-1986. O programa titúlase "Un programa para a Paz".
Parécenos un interesante documento por varios motivos: primeiro porque estamos escoitando a un universal escritor ferrolano que este ano, o 13 de xuño, celebraría o seu centenario; e segundo porque é unha entrevista realizada en galego. Agradecemos a xenerosidade do compañeiro que puxo ao noso dispor esta gravación.















Neste vídeo GTB fai unha interesante reflexión sobre as súas orixes: súa vila natal, Serantes e a cidade na que se criou, Ferrol.

martes, 16 de marzo de 2010

WEBQUEST SOBRE O FERROL DA ILUSTRACIÓN

Presentámosvos unha Webquest para traballar no 2º e no 3º ciclos. O Ferrol da Ilustración é o tema. Se queredes viaxar unha miaxiña e retroceder ata máis de douscentos anos, esta é a vosa oportunidade:
O século XVIII vos espera!

domingo, 7 de marzo de 2010

CONCEPCIÓN ARENAL


Naceu no Barrio de Ferrol Vello, nunha modesta casa, pero iso non puxo freo a unha longa vida adicada a defender a igualdade social e os dereitos das mulleres.

viernes, 5 de marzo de 2010

O FERROL DA ILUSTRACIÓN


Este é un breve paseo polo que foi o Ferrol da Ilustración; o momento en que a vila pesqueira cambiou o seu rumbo e chegou a converterse nunha das cidades ilustradas máis importantes de España.

MUSEO NAVAL DE FERROL

jueves, 4 de marzo de 2010

DONIÑOS E O CASTRO DE LOBADIZ


Este é o díptico cunha breve información sobre Doniños e o Castro de Lobadiz, que elaboramos como guía para facer unha visita co alumnado do 2º e 3º ciclos.