miércoles, 22 de junio de 2016

VENTE A PAZOS

Queremos dar o noso máis sinceiro agradecemento a todas as persoas que fixeron posible este video. 
Grazas infinitas a Guadi Galego, quen deixou unha pegada imborrable no noso Centro; a Karlos Abal e a Isaac Palacín polo seu traballo desinteresado e a súa inesgotable paciencia; a Antón Cortizas por querer vir partillar este día connosco; a Feliciana Fresco, que aínda que non puido achegarse ese día, estivo presente nos nosos corazóns; e en definitiva, a todos e todas as persoas que formaron e forman parte da nosa Comunidade educativa, pais e nais, familias enteiras que nos apoiades de xeito incondicional, alumnado, ex-alumnos; especialmente, ao IES de Catabois, que encheu un autobús de emocións e reencontros... 
Grazas por facelo posible. A todos e cada un dos que estivestes ou quixestes estar pero non puidestes. Infinitamente, grazas.

lunes, 23 de mayo de 2016

BAUTISMO DE MAR

Esta mañá toda primaria participou nun BAUTISMO DE MAR. Houbo un primeiro percorrido pola Ría de Ferrol nun remolcador; despois puidemos visitar a Fragata 103, Blas de Lezo. Fixemos unha visita guiada, percorrendo as distintas dependencias, comezando polo hangar e acabando na ponte de mando.
No paseo comprobamos unha vez máis que preciosa é a nosa ría.  Dende o Arsenal de Ferrol, punto de partida, ata os castelos de San Felipe e A Palma, con tempo para gozar da paisaxe e tomar un bocadillo. Ollo!, co salvavidas posto! Que gusto! e ademais, non choveu e fixo unha mañá preciosa!!

viernes, 29 de abril de 2016

VISITAMOS FERROL



Un bo paseo demos hoxe. Pensamos en deseñar un xogo para facer esta saída. Houbo seis etapas; e en cada etapa, unhas cuestións a resolver e poder continuar. En cada unha delas conseguiron unha peza - un cromo-, que lles serviu para completar un caderniño con toda a información traballada, ao chegar ao colexio.
Saímos do noso centro, en Pazos, Serantes, e fomos no autobús ata o porto. Baixamos na "Fonte da Ranita" e subimos polas estreitas escaleiras de en fronte, cara ao Baluarte ou Batería de San Xoán. Desde alí contemplamos o porto e iniciamos o noso periplo. A mellor forma de seguilo é prestar atención ás imaxes que fixemos. De cando en cando, algunha vai indicando onde nos atopamos. Iso para os máis despistados, que a maioría estaban moi centrados. Parécenos que foi un éxito.

domingo, 24 de abril de 2016

SEIS LUGARES PARA VISITAR

O vindeiro venres, 29, faremos unha saída na que visitaremos seis enclaves de Ferrol. Aquí tedes algo de información. Lede con atención pois ese día teredes traballo de detectives...

jueves, 21 de enero de 2016

FERROL, LUZ Y SAL

Facémonos eco desta nova de FERROL 360. Ferrol presenta en FITUR unha nova estratexia turística centrada no entorno natural.