viernes, 25 de abril de 2008

XIX FEIRA DO LIBRO EN FERROL

Ilustración de Andrés Meixide. Cartel anunciador da XIX Feira do libro de Ferrol Seguen as actividades no mes de abril. Os nosos alumnos e alumnas participaron nas actividades promovidas polo Concello de Ferrol, e levadas a cabo no Cantón de Molíns. Así nolo conta o xornal de Chispa, que podedes ver na imaxe anterior.
Invitámosvos a visitar esta feira.
Se queredes, podedes ver esta noticia máis ampliada en NOVAXOVE.

lunes, 12 de noviembre de 2007

VISITA A FERROL




Vistamos a Biblioteca Municipal, si, e aproveitamos a mañá para facer moitas outras actividades. Contactamos cunha guía turística do Concello de Ferrol para que nos recollese na Biblioteca e nos levase polo centro de Ferrol para visitar o Barrio da Magdalena. Así, ás dez e media estabamos todos e todas preparados para facer a nosa ruta pola "Tableta de Chocolate", que así chamaron ao deseño racionalista das rúas centrais de Ferrol. Saímos da Praza de España, paseamos pola rúa Galiano e chegamos á Praza de Armas, onde se atopa o Concello, despois continuamos pola rúa Dolores e chegamos á Praza de Amboage. Visitamos Herrera desde onde puidemos ver o Arsenal Militar. Por último, fomos pola rúa Magdalena ata chegar á Fundación "Caixa Galicia", no Cantón de Molíns, onde nos despedimos da guía e nos esperaba a Exposición de Luis Seoane e un obradoiro sobre a visita.
Pufff! Para rematar a xornada, aproveitamos para ver a XXI Exposición Micolóxica de Ferrol; daba pena estar a escasos metros e non vela, a que si? Canto traballiño nos queda agora no colexio...

VISITAMOS A BIBLIOTECA MUNICIPAL




O pasado venres, entre outras actividades, fixemos unha visita á Biblioteca Municipal de Ferrol. O guía, que nos ensinou a Biblioteca, empezou o seu percorrido pola planta baixa, onde nos amosou a sección adicada aos lectores máis novos, onde están as publicacións periódicas e a zona de información e préstamo. Explicounos como están organizados os libros e como buscar o que nos interese. Despois levounos ao soto onde está o arquivo e a hemeroteca e logo fomos subindo e escoitando as súas explicacións: Na primeira planta está o préstamo de adultos e o xuvenil; na segunda, a sala de lectura e consulta, e tamén a sala web; por último, chegamos á terceira onde nos entregou un mateial de agasallo pola nosa visita: "A saga de San Ferreol" de Ramón Loureiro, coas preciosas ilustracións de Francisco Pérez Porto. Tamén nos entregou todo o necesario para obter o carné lector e facernos socios. Algúns xa temos todo preparado porque está moi, moi ben: é moi grande, ten moitísimos libros e é super acolledora pero...a Biblioteca Municipal está bastante lonxe de onde vivimos por iso é tan importante para nós a do noso colexio. Estamos desexando vela lista outra vez coas súas portas abertas.